cabecera cuadrada

Currículo

 

A Coral Polifónica Estradense nace no ano 1996 baixo a dirección de Xabier Comesanha Pereira e fai a súa presentación en xullo do 97. A partir desa data comeza a ofrecer concertos por toda a xeografía galega destacando pola súa progresión técnica e a variedade do seu repertorio.

Hai que resaltar a participación en programas da radio e televisión galegas, actuando nun programa especial da TVG, adicado a Juan Pardo. Tamén foi seleccionada a participar en varias edicións do programa “Galicia Cantat” organizado polo IGAEM.

Colabora co “Xacobeo 2004” ofrecendo varios concertos no veciño Portugal; actúa no Pazo da UNESCO, en París con motivo dun encontro internacional de canto coral. Realiza unha xira por Europa actuando en Xenebra e participando tamén nun festival coral en Praga, compartindo escenario con corais de toda Europa.  Con motivo do centenario da estrea do himno galego, viaxa a La Habana e actúa no Centro Galego e en diversas asociacións galegas e institucións cubanas. En lembranza desta visita, Xabier Comesanha compón unha habanera en galego “Cen anos hai” con letra de Xosé María Lema, compoñente da coral.

Participa en varias ocasións na Ofrenda Floral a Rosalía de Castro e Castelao en San Domingos de Bonabal no día da Patria Galega, cantando tamén a misa solemne.

No ano 2024 realiza unha xira polo norte de España actuando en Zaragoza, no certame coral "Barcelona Cantat 2024" e nos Centros Galegos de Barakaldo e Santa Coloma de Gramenet.

A actividade musical da Coral Polifónica Estradense non se limita só a concertos “a capela”. Coa colaboración da Coral Polifónica de Soutomaior e acompañamento instrumental, ofrece periódicos espectáculos de ópera e zarzuela.

Tén no seu haber catro CD's editados.

Na actualidade conta con 30 compoñentes.