cabecera cuadrada

A Estrada 2011

 

A ESTRADA (05-02-11)

Actuación no Teatro Principal ás 20:30 para presentar o CD "Cen anos hai", gravado a capela e en solitario (aínda que a Banda de música nos acompaña en dúas pezas). No descanso da actuación presentei a páxina web da coral, que, como dato anecdótico, non foi posible presentala como estaba previsto: nese intre ía lentísima. Tamén intervíu, en nome da Real Academia Galega, Xesús Ferro.

  PROGRAMA
1ª Parte  
Foliada de Compostela   Harm.: José Marino G.
Tembra un neno no pórtico húmido   Letra: Rosalía de Castro // Música: X. Comesanha
Unha noite na eira do trigo         Harm.: Ángel Viro
Tía Anica de Loulé   Popular de Portugal // Harm.: M. de Sampaio Ribeiro
2ª Parte   
Volvoreta   F. A. Rey Rivero
Muié rendera   Popular de Brasil // Harm. Carlos Pinto Fonseca
Cen anos hai   Letra: Xosé Mª. Lema // Música: X. Comesanha
Himno galego   Letra: Eduardo Ponda // Música: Pascual Veiga

galería de fotos

 

A ESTRADA (02-04-11)

Actuación no Recreo Cultural ás nove da noite. Actuouse en solitario, presentando o acto a presidenta da entidade, María Jesús Fernández. Neste concerto estreáronse tres pezas (escritas en negrita).

  PROGRAMA
Caminos sobre la mar   Letra: Antonio Machado // Música: Gluck
El sabor de una habanera   Letra: María Teresa Lorenzo  // Música: Armando Bernabeu
Unha noite na eira do trigo        Harm.: Ángel Viro
El herido   Letra: Rafael Alberti  // Música: Xabier Comesanha
Barcarola   Arrieta
Cen anos hai   Letra: Xosé María Lema // Música: X. Comesanha
Jardín de ensueño   Harm.: F. A. Rey Rivero
Te quiero   Letra: Mario Benedetti // Mús.: Alberto Favero // Harm.: L. Cangiano
Down by the Riverside   Espiritual negro
Katiuska (La mujer rusa)   Pablo Sorozábal // Arr.: X. Comesanha
De ronda   Arregui
Gobbo so pare   Anónimo
Sóngoro cosongo   Letra: Nicolás Guillén // Música: Eliseo Grenet
  BIS
Foliada de Compostela   Harm.: José Marino G.

galería de fotos

 

A ESTRADA (11-06-11)

Actuación no Teatro Principal ás nove da noite, invitados pola Coral Polifónica de Berres que organizaba a Mostra de Corais “Son de Primavera”. Compartimos escenario tamén coa Coral Polifónica Vilalbesa.

    PROGRAMA
Caminos sobre la mar   Letra: Antonio Machado  // Música: Gluck
Jardín de ensueño   Harm.: F. A. Rey Rivero
Barcarola      Arrieta  // Arr.: F. A. Rey Rivero
A tu lado   J. Busto & M. Antón
De ronda   Arregui // Arr.: F. A. Rey Rivero

 

A ESTRADA (27-06-11)

Misa cantada na igrexa da Estrada con motivo da Festa de San Paio.

 

A ESTRADA (20-10-11)

Misa-funeral ás seis da tarde na igrexa da Estrada por un particular.

 

A ESTRADA (22-10-11)

Celebración da VI Mostra de Corais, evento organizado pola Coral Polifónica Estradense. Actuose no Teatro Principal, ás nove da noite. Nesta ocasión foron invitadas as corais do Hospital Xeral de Lugo e a Polifónica de Betanzos.

    PROGRAMA
Caminos sobre la mar   Letra: Antonio Machado // Música: Gluck
Barcarola)     Arrieta  // Arr.: F. A. Rey Rivero
Unha noite na eira do trigo   Harmonía: Ángel Viro
Xa non sei cantar   Arranxos: Pérez Bernal
Jardín de ensueño   Harmonía: F. A. Rey Rivero

galería de fotos

 

A ESTRADA (29-10-11)

Participación no acto constitucional da Irmandade da Sanidade Galega (IRSAGA), iniciativa promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística co obxectivo da promoción e espallamento da lingua galega no ámbito sanitario. A segunda parte do acto rendiuse unha homenaxe ao médico na aldea, Manuel Reimóndez Portela. A coral interpretou no medio do acto unha peza e ao final do mesmo outra. Pechouso coa interpretación do himno galego.

    PROGRAMA
Xa non sei cantar   Arranxos: Pérez  Bernal
Unha noite na eira do trigo     Harmonía Ángel Viro
Himno galego   Pascual Veigo / Ediardo Pondal

galería de fotos

 

A ESTRADA (12-11-11)

Misa ás sete e media da tarde na igrexa da Estrada por encargo das Amas de Casa.

 

A ESTRADA (23-12-11)

Tradicional Concerto de Nadal no Teatro Principal ás nove da noite en conxunto coa Coral Polifónica de Soutomaior e a Banda de Música Municipal da Estrada. Estreáronse catro villancicos e físoxelle entrega a Xabier Comesanha dunha placa en lembranza dos 15 anos da Coral, tal como decía a propia placa: "15 anos cantando xuntos".

    PROGRAMA
O Tannenbaum   Arr.: Elliot del Borgo // Arr.: X. Comesanha
Noche de paz   Letra: J. Mohr  // Música: F. X. Grüber // Arr.: X. Comesanha
Adeste fideles      J. Reading  // Arr.: X. Comesanha
Villancico mexicano   Popular  // Arr.: X. Comesanha
Aleluya   Haendel
ABBA en concerto   ABBA // Arr.: X. Comesanha
    BIS
Marcha Radetzsky  (Só Banda)   J. Strauss
Villancico mexicano   Popular // Arr.: X. Comesanha