cabecera cuadrada

A Estrada 2015

 

A ESTRADA (14-02-15)
Participación nos actos do 90 Aniversario do C. D. Estradense, intrepretando, en estrea, o novo Himno do Club, con música e letra de José Manuel González. A actuación tuvo lugar no novo campo de fútbol ás 4,30, acompañados pola Banda de Música Municipal da Estrada, acto previo ao encontro deportivo no que o C. D. Estradense se enfrentou ao (nese intre) líder da categoría, o Barco, rexistrándose un empate no marcador (1-1).

 

galería de fotos

 

 

A ESTRADA (17-05-15)
Actuación ás oito e media no Teatro Principal, con motivo da Festa do Salmón e do Día das Letras Galegas. Actuou como agrupación invitada a Coral Polifónica de Campo Lameiro. Neste concerto estreouse a canción "Eu ben quixera" composta por Xabier Comesanha e con letra do baixo Xosé María Lema, en homenaxe aos emigrantes estradenses en Cuba.

    PROGRAMA
Vento mareiro   F. A. Rey Rivero
Quen puidera namorala         L. E. Batallán // A. Cunqueiro // F. Gómez Jácome
Eu de Carril ausenteime   A. Bernal
Eu ben quixera (Estrea)   Xosé María Lema // Xabier Comesanha
Balaio   H. Villalobos
Al son de la Loma   M. Matamoros

 

galería de fotos

 

 

A ESTRADA (27-06-15)
Misa cantada, ás oito da tarde, na igrexa parroquial de San Paio con motivo das Festas Patronais, concretamente o día do Santísimo Sacramento.

 

 

A ESTRADA (02-10-15)
Misa, ás oito da tarde, na igrexa parroquial de San Paio con motivo do cabodano de Armando López Núñez (parella da soprano da coral, Rosa Rey Chao). Ademais das partes fixas e clásicas da misa, cantouse, 

como canto de entrada:   Na noite queda  de  J. Brahms // V. R. Abeijón
como canto de despedida:   Vento mareiro  de F. A. Rey Rivero 

A canción de despedida (Vento mareiro) era para Armando, segundo testemuñas da súa dona Rosa, unha das preferidas do repertorio da nosa Coral.

 

 

A ESTRADA (18-12-15)

Concerto de Nadal no Teatro Principal ás nove da noite xuntamente coa Coral Polifónica de Soutomaior e o acompañamento instrumental da Banda de Música Municipal da Estrada. Despois do concerto celebrouse unha cea-baile no Pazo de Xerlís, organizada pola propia coral e aminizada pola orquestra "Los satélites".

 

  PROGRAMA
Nabucco (Coro de esclavos)   G. Verdi
Los Claveles (Introducción)
  Letra: Sevilla y Carreño // Música: José Serrano
    Arr.: X. Comesanha
La Gran Vía (Los marineritos)   J. Valverde // F. Chueca // Arr.: X. Comesanha
La del manojo de Rosas (Duetto)          Ramos de Castro y Carreño // Pablo Sorozábal
    Arr.: X. Comesanha
Negra sombra
  Letra: Rosalía de Castro // Música: X. Montes
    Arr.: X. Iglesias Ramilo
La rosa del azafrán (Canción del sembrador)   Letra: F. Romero y G. Fernández // Música: Jacinto Guerrero
    Arr.: X. Comesanha
La chula de Pontevedra (Estrea)
  Letra: Paradas y Jiménez // Música: P. Luna y Bru
    Arr.: X. Comesanha
La Gran Vía (Jota de los ratas)
  Letra: J. Valverde // Música: F. Chueca
    Arr.: X. Comesanha
Los de Aragón
  Letra: J. J. Lorente // Música: J. Serrano
    Arr.: X. Comesanha
Funiculí Funiculá (Estrea)   L. Denza // Arr.: X. Comesanha
La Traviata
  G. Verdi 77 Arr.: X. Comesanha
BIS
Marcha Radetzsky (Só Banda de Música)   J. Strauss

 

galería de fotos