cabecera cuadrada

A Estrada 2017

 

 

A ESTRADA (01-04-17)

 Concerto solidario no teatro Principal ás oito do serán no Día Mundial do Autismo. Os beneficios obtidos no concerto (a entrada custaba 5 €) destináronse ao Centro A Braña de Berres. Comparteuse escenario coa Coral Polifónica de Berres, o grupo estradense de acordeóns "Os Lóstregos" e o grupo folk "Aguamúsica" de Ourense. 

 

PROGRAMA
Caminos sobre la mar   Antonio Machado // Gluck
Vento mareiro      Rey Rivero
                                                  Quen puidera namorala   Álvaro Cunqueiro // Luís Emilio Batallán // Arr.: F. G. Jácome
Barcarola   Arrieta

 

galería de fotos

 

 

 A ESTRADA (01-04-17)

Misa cantada na igrexa de San Paio ás oito da tarde con motivo das Festas Patronais, concretamente o día do Santísimo Sacramento.

 

 

 

 A ESTRADA (23-12-17)

Concerto de Nadal ás 21.00 horas no Teatro Principal, coincidindo co XX Aniversario da presentación da Coral Polifónica Estradense, polo que resultou un concerto especial no que se percorreron os vinte anos cunha proxección fotográfica dos momentos máis subliñables e coas cancións máis significativas desta época. O concerto contou coa presencia e acopañamento da Coral Polifónica de Soutomaior e da Banda de Música Municipal da Estrada e consistiu en tres partes fundamentais: unha primeira "A Capela" na que cantou só a Coral Polifónica Estradense, outra acompañados , tamén "a capela", da Coral de Soutomaior e unha terceira parte con acompañamento instrumental coa Banda de Música Municipal da Estrada. Concerto tamén especial xa que se logrou que unha vintena de excompoñentes nos acompañaran neste aniversario cantando con nós: uns algunha soa canción, outros, a maioría, en todo o concerto, co que tiveron que incorporarse aos ensaios desde o mes de setembro.

 

PROGRAMA
 
1ª Parte  "A Capela" (Só a C. P. Estradense)
Foliada de Compostela   Arm.: José Marino G.
Nouturnio      T. Olds
     
2ª Parte "A Capela" (coa C. P. de Soutomaior)
          ¡Ay!, Linda amiga   Anónimo do S. XVI
Suite Comercial Navideña   Arr.: J. Bernardo Álvarez                                               
     
3ª Parte con acompañamento instrumental
Nabucco (Coro de esclavos)   G. Verdi
    Arr.: X. Comesanha
Gerusalem (Coro da procesión)   G. Verdi
    Arr.: X. Comesanha
La del Soto del Parral (Ronda dos namorados)   Soutullo y Vert
    Arr.: X. Comesanha
Luísa Fernanda (Mazurca das sombrela)   M. Torroba
    Inst.: J. Iglesias Ramilo
La Verbena de la Paloma (Habanera e seguidillas)   T. Bretón
    Arr.: X. Comesanha
Katiuska (Coro dos Cosacos)   P. Sorozabal
    Arr.: X. Comesanha
Negra sombra   Rosalía de Castro
  Inst.: J. Iglesias Ramilo
Un beso y una flor   P. Herrero // J. L. Armenteros
    Arr.: X. Comesanha
Quizás, quizás, quizás   O. Farrés
    Arr.: X. Comesanha
ABBA "Mamma mía"
  Arr.: X. Comesanha                                        
Só Banda de Música
Marcha Radezky   J. Strauss
BIS
La Verbena de la Paloma (Seguidillas)   T. Bretón
    Arr.: X. Comesanha

 

galería de fotos