cabecera cuadrada

A Estrada 2020

 

 

A ESTRADA (17-10-20)

 

 Concerto de Outono no teatro Principal ás nove do noite. Debido ás normas dictadas por Sanidade con motivo da pandemia á causa do coronavirus, a Coral Polifónica Estradense ofreceu un concerto totalmente atípico pola súa posta en escea, xa que non actuamos todos os compoñentes xuntos, por razóns obvias. Tampouco puido ensaiar toda a agrupación xunta, polo que se fixeron tres grupos. En cada un deles había compoñentes de cada corda en número similar para que estas estiveran compensadas. Por ese motivo, algunha e algúns compoñentes tivemos que repetir grupo. Cada grupo traballou un repertorio diferente, segun se especifica a continuación. Ensaiouse e cantouse con máscara, o que tamén resultou atípico, pois o son é diferente. O público asistente tamén gardou as normas de seguridade en canto á distancia interpersoal e máscara.

 

 GRUPO I

PROGRAMA
Caminos sobre la mar   Antonio Machado // Christoph Gluck
Velaí vai (estrea)   F. A. Rey Rivero
          Dona nobis pacem (estrea)               Canon de Amadeus Mozart
Foliada de Compostela          Harm.: José Marino G.

 

 GRUPO II

PROGRAMA
Ay, linda amiga   Anónimo do S. XVI
Xa non sei cantar              Harm. A. Barcia
Jardín de ensueño   F. A. Rey Rivero
Tía Anica de Loulé          Popular portuguesa 

 

GRUPO III

PROGRAMA
Volvoreta   F. A. Rey Rivero
Sublime calma          F. Lisxt
 Dejadme (estrea)   Armando Bernabeu
Camino del indio   F. Cabedo

 

 galería de fotos